sábado, 21 de junio de 2014

FIN DE CURSO !!! ( 20-6-2.014 )

FESTA FIN DE CURSO !!!.

E... chegou o 20 de  xuño!.
Despois de traballar moito durante todo o curso, celebramos unha festa moi divertida para despedirnos.
Antes do recreo, reunímonos 1º e 2º de E.P, e tivemos unha "merendola" .
Saímos a xogar e despois, no salón de actos, asistimos á entrega dos diplomas ós alumnos/as de 6º de
E.P, que se despiden do Colexio e xa van para o Instituto.
Cando rematou todo, as nenas maiores bailaron unhas cancións e... xa seguimos todos bailando e pasándoo moi ben de festa.
Pasámolo xenial!!!...ATA O CURSO QUE VEN A TODOS!!! FELICES VACACIÓNS!!!.
























jueves, 12 de junio de 2014

EXCURSIÓN, 2ª PARTE. (FOTOS).




















EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO DEL PRIMER CICLO DE PRIMARIA.

Hoxe, xoves 12 de xuño, fomos de excursión, 1º e 2º de primaria.
Saímos do colexio e nos diriximos á fábrica de frutos secos EL NOGAL, no concello de Campo Lameiro.
Alí,cos monitores, visitamos toda a fábrica.
O primeiro foi poñernos gorros e batas,que nos proporcionaron alí. Os nenos/as alérxicos ós froitos secos, tiveron que poñer, ademáis, luvas e mascarilla ( xa os levavamos do colexio).
A visita consistíu en ver, primeiro un breve vídeo sobre os produtos cos que traballan, a súa procedencia,transporte,almacenaxe,distribución...
Despois,empezamos a visita á fábrica.
Entramos na cámara frigorífica (xigante e na que estabamos "fresquiños"), onde se almacenan as materias primas que chegan de diversos países.
Seguimos, para ver a elaboración dos produtos. Vimos as máquinas de fritir, os hornos grandísimos de tostar, o empaquetado, selección dos produtos,etiquetado...
A seguinte nave era a de almacenaxe dos produtos elaborados, para a súa posterior distribución.
Eran uns andeis enormes cheos de caixas listas para saír.
Ó rematar, fomos ver os petroglifos e o castro de Penalba.
Camiñamos un pouco polo monte e chegamos ós petroglifos. O monitor explicounos o que estabamos a ver claramente ali, debuxos xeométricos e un cervo.Despois a muralla do castro,que ten 2.700 anos.
Chegou a hora de comer e tiñamos un sitio perfecto,cuberto e fresco. Fixo moito calor todo o día.
Xogamos un pouco e saímos para o Museo de Pontevedra.
O guía explicounos de forma moi divertida a prehistoria: vida,armas,moedas,utensilios...e vimos algúns que hai no museo.

PASÁMOLO XENIAL,PEQUENOS E MAIORES!!! E APRENDEMOS MOITÍSIMO DE TODO!!!